Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un edificio en Narón

Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un edificio en Narón
Foto de arquivo
Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un edificio en Narón

O lume comezou uns minutos despois das 13:45 horas por mor dun curtocircuíto no falso teito da cociña e que se propagou a un rocho situado no piso superior

O incendio orixinado nun restaurante obrigou a desaloxar aos ocupantes dun edificio situado no número 162, da Rúa de Concepción Arenal en Narón.

Afortunadamente, ninguén resultou afectado pero ocasionou cuantiosos danos material ao quedar calcinada por completo a cociña do restaurante.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o lume comezou uns minutos despois das 13:45 horas por mor dun curtocircuíto no falso teito da cociña e que se propagou a un rocho situado no piso superior. Por iso, os servizos de emerxencias procederon ao desaloxo de trinta veciño do edificio mentres duraron as tarefas de extinción.

Nestes traballos participaron os Bombeiros de Narón, ao 061-Urxencias Sanitarias e aos axentes da Policía Local da localidade, alertados desde o 112 Galicia.

Unha vez rematada a intervención e a comprobación oportunas por parte do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento, os veciños puideron regresar as súas vivendas.

Comentarios