Falece un home en Laracha tras caerlle unha árbore enriba

Falece un home en Laracha tras caerlle unha árbore enriba
Foto de arquivo
Falece un home en Laracha tras caerlle unha árbore enriba

O suceso tivo lugar onte ao redor das 18:15 horas

Un home perdeu a vida na tarde de onte ao quedar atrapado debaixo do tronco dunha árbore na localidade coruñesa de Laracha.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasados uns minutos das 18:15 horas da tarde do pasado venres. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, un varón necesitaba axuda tras quedar atrapado embaixo do toro nunha cuneta na parroquia de San Bieito de Golmar. A vítima atopábase inconsciente e preto do lugar do accidente había un tractor parado.

De inmediato, desde o CIAE 112 Galicia, contactouse co 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Local, Bombeiros de Bergantiños e tamén cos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Desafortunadamente, os servizos de emerxencia unicamente puideron confirmar o seu falecemento.

Comentarios