Un motorista choca contra un turismo na Praza de Galicia

Un motorista choca contra un turismo na Praza de Galicia
Foto de arquivo
Un motorista choca contra un turismo na Praza de Galicia

O suceso aconteceu sobre as 00:20 horas na Praza de Galicia

Un motorista tivo que ser evacuado tras chocar contra un turismo na Praza de Galicia, en Santiago de Compostela.

Ao redor das 00:20 horas da madrugada de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular informando do accidente. Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron o feito en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Santiago de Compostela, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tras ser atendido, o ferido foi trasladado ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago.

Comentarios
Lo más