Os médicos rexeitan o novo modelo oficial de primaria

Os médicos rexeitan o novo modelo oficial de primaria
Foto de arquivo
Os médicos rexeitan o novo modelo oficial de primaria

Despois da presentación do modelo a semana pasada, os facultativos fixeron a súa primeira valoración

A Consellería de Sanidade presentou a semana pasada o novo modelo oficial de primaria e as sociedades de medicina de familia Agamfec, Semergen Galicia e SEMG, e a sociedade de pediatría de primaria AGAPap, xunto co Consello Galego de Colexios Médicos, realizaron a súa primiera valoración do citado modelo. A súa opinión é que "non é ese o modelo que levan tempo demandando así que rexeitan o mesmo".

As sociedades científicas e os colexios médicos queren máis tempo para os pacientes, máis capacidade de xestión nas estructuras organizativas, recursos humanos axeitados e medidas contundentes de aproveitamento dos actuais, así coma un orzamenteo mínimo que afronte estes retos. Os facultativos queren seguir dialogando: piden unha interlocución capaz de dar respostas claras e de aplicación rápida. 

A Consellería, despois de presentar o borrador do plan, deu o plazo ata o día 28 para que todos os membros de os grupos de traballo presenten as alegacións que consideren.

 

Comentarios