José Manuel Busto Leis, alumno da Facultade de Medicina, foi o número 1 do examen MIR 2019

José Manuel Busto Leis, alumno da Facultade de Medicina, foi o número 1 do examen MIR 2019
José Manuel Busto Leis, alumno da Facultade de Medicina, foi o número 1 do examen MIR 2019

Busto Leis obtivo unha puntuación de 93,1034, que cun baremo de 3,3654 fai a total de 101,9231

O egresado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Busto Leis, orixinario de Barro (Pontevedra), acadou o número 1 do exame MIR 2019, segundo os resultados provisionais que hoxe publica o Ministerio.

Na proba, Busto Leis obtivo unha puntuación de 93,1034, que cun baremo de 3,3654 fai a total de 101,9231.

FIR 2019

Tamén na convocatoria FIR deste ano destaca a Universidade de Santiago, que sitúa entre os dez primeiros postos un total de dous egresados. Así, Manuel Busto Iglesias (Cambados) quedou en cuarta posición, mentres que Alejandro Martínez Pradeda (Poio) conseguiu o oitavo posto.

Os resultados serán provisionais ata o próximo 21 de marzo, cando se coñecerán os definitivos. Xa o 22 de abril celebrarase o acto de asignación de praza de Médico Interno Residente de cada unha das convocatorias.

Comentarios