UGT organiza hoxe unha asemblea de delegados procedentes de toda Galicia

UGT organiza hoxe unha asemblea de delegados procedentes de toda  Galicia
UGT organiza hoxe unha asemblea de delegados procedentes de toda Galicia

Intervirán os secretarios xerais de UGT-Galicia e de FeSMC estatal e a responsable de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais do Sindicato

UGT-Galicia convoca hoxe, día 26, a partir das 11.00 horas, no edificio Cersia (rúa Alcalde Raimundo López Pol) en Sanago, unha asemblea de delegados e delegadas procedentes de toda Galicia. 

Esta asemblea encádrase dentro da campaña que está a desenvolver UGT en todo o Estado, con múlples actos e asembleas, para analizar e poñer enriba da mesa solucións a unha serie de retos, avanzar na recuperación dos dereitos perdidos; cumprir cos compromisos xa acadados, como o IV AENC ou os acordos raficados no eido do diálogo social co Goberno; a necesidade imperiosa de derrogar a maioría das reformas impostas polo anterior Execuvo do PP, como a reforma laboral ou a de pensións; e avanzar en materia de igualdade.

Precisamente, neste último aspecto avanzarase todo o relavo ao 8 de Marzo, Día internacional da muller, tanto no relavo á folga convocada como a outros posibles actos de cara a celebrar esta data. 

Para analizar todos estes temas, intervirán na asemblea o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; a secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez; e o secretario xeral da Federación estatal de Servizos, Mobilidade e Consumo, Miguel Ángel Cilleros.

Comentarios
Lo más