Oito persoas feridas nun accidente en cadea na A-55

Oito persoas feridas nun accidente en cadea na A-55
Oito persoas feridas nun accidente en cadea na A-55

Os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron ao 112 Galicia que se tratou dunha colisión por alcancen entre os cinco vehículos

Un accidente múltiple na A-55 con cinco vehículos implicados deixa un total oito persoas feridas. Aínda que todos eles non parecían revestir gravidade, tres dos feridos foron trasladados ao Hospital Perpetuo Socorro de Vigo polos servizos sanitarios de urxencia.

Moi preto das 21:00 horas da pasada noite, varias persoas particulares chamaban ao 112 Galicia para alertar dun accidente na autovía A-55, concretamente, no punto quilométrico 13,000 sentido Vigo, ao seu polo concello de Mos.

De inmediato, tras recibir a chamada, os xestores de emerxencias informaron do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Baixo Miño e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, deuse conta do sucedido aos membros da Policía Local e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron ao 112 Galicia que se tratou dunha colisión por alcancen entre os cinco vehículos.

Comentarios
Lo más