Falece unha persoa atropelada en Burela

Falece unha persoa atropelada en Burela
Falece unha persoa atropelada en Burela

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa

Un peón resultou falecido esta madrugada despois de ser atropelado por un turismo na N-642 ao seu paso polo concello de Burela, Lugo.

Uns minutos despois das 05:15 horas desta madrugada, varios usuarios da vía chamaban ao 112 Galicia para alertar dun vehículo parado na estrada que une as localidades de Viveiro e Burela, a altura do cruce sentido Barreiros. Indicaban que podería tratarse dun atropelo a un peón.

Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Cervo. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento da Policía Local e Protección Civil da localidade.

A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Comentarios