Os Xenerais da Ulla darán os Altos na Festa da Filloa de Lestedo

Os Xenerais da Ulla darán os Altos na Festa da Filloa de Lestedo
Os Xenerais da Ulla darán os Altos na Festa da Filloa de Lestedo

Terán lugar no Campo da Feira de Lestedo sobre as 17:30 horas

José Manuel Iglesias Gómez, encargado dos Altos dos Xenerais da Ulla en Lestedo, charla con COMPOSTELA24HORAS.COM para explicarnos como son estas sigulares teatralizacións propias da comarca do Ulla. 

Estos altos, ou tamén chamados atranques, terán lugar o domingo 10 de marzo, no marco da Festa da Filloa de Lestedo, na Praza da Feira de Lestedo ao redor das 17:30 horas.

Os Altos dos Xenerais da Ulla é a actividade principal dentro do Entroido da Ulla. Un alto é unha batalla dialéctica entre dous xenerais que van montados a cabalo e que representan os exércitos das tropas francesas que estiveron por estas terras a principios do século XVIII.

Dous personaxes vestidos de xenerais con uns traxes moi chamativos e adornados, e cuns sombreiros cheos de plumas, montados a cabalo, e teñen un enfrentamento dialéctico mediante poesía recitada e improvisada, na que se dan o "alto". É dicir, detéñense un ao outro para que non pasen os seus exércitos.

As batallas dialécticas, coplas ou poesías que recitan tratan sobre a forza dos seus exércitos, temas de actualizade, de política, da propia parroquia ou de eles mesmos. Todo con moita retranca galega.

CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ademáis, ese día, ás 500 primeiras mulleres que entre no recinto da Festa da Filloa de Lestedo, unha empresa colaboradora repartirá pañuelos violetas para conmememorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.




Comentarios
Lo más