Noriega asiste á inauguración do novo espazo de Leroy Merlin en Costa Vella

Noriega asiste á inauguración do novo espazo de Leroy Merlin en Costa Vella
Noriega asiste á inauguración do novo espazo de Leroy Merlin en Costa Vella

Na inauguración estiveron, ademais do rexedor, o director rexional Noroeste, José Ramón Abad; o director da nova tenda, Julio Rodríguez, e os traballadores e traballadoras

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu onte á inauguración dun novo punto de venda especializado en xardín de Leroy Merlin, que abrirá ao público hoxe xoves no polígono de Costa Vella. 

Na inauguración estiveron, ademais do rexedor, o director rexional Noroeste, José Ramón Abad; o director da nova tenda, Julio Rodríguez, e os traballadores e traballadoras.

Martiño Noriega sinalou na súa intervención que "hoxe inauguramos unha iniciativa económica que busca seguir dinamizando un dos polígonos da cidade" e engadiu que "vemos a un grupo de homes e mulleres comprometidos que amosan un dos mellores valores, o traballo en equipo". 

O alcalde tamén incidiu na importancia que ten "para o conxunto do municipio que este novo espazo supoña a creación de 26 postos de traballo directos e 20 indirectos, así como o fomento da economía circular". "A creación de emprego –rematou- é fundamental en zonas de desenvolvemento económico como son os polígonos".

Leroy Merlin Xardín está ubicado na rúa de Polonia 4 e supuxo un investimento de máis de 2,2 millones de euros. 

Comentarios