O proxecto de mellora do Camiño Francés suprime a rotonda de Concheiros

O proxecto de mellora do Camiño Francés suprime a rotonda de Concheiros
Fonte: Google Maps
O proxecto de mellora do Camiño Francés suprime a rotonda de Concheiros

Tamén impón dirección única en varias rúas de Concheiros e suprime as prazas de aparcadoiro de residentes da rúa Concheiros

Coa reodenación que se propón, por parte do Concello, no proxecto de mellora e integración paisaxística da entrada do Camiño Francés na cidade, as rúas Fonte dos Concheiros, Fontiñas e O Valiño deixarán de ter tráfico en dobre sentido para pasar a ser de dirección única hacia San Lázaro. Esta reordenación aposta por que prime o tránsito peatonal cunha afluencia menor de coches para buscar asegurar un ancho mínimo de tres metros para a senda do Camiño.

Dito cambio non afectará á rúa dos Concheiros. Esta rúa duplicará o ancho para gañar para a senda para peregrinos pero faino de prescindir das prazas de aparcadoiro de residentes na rúa de portais pares, e non de prescindir dun carril de ciruculación. Pero según a memoria do proxecto, esta supresión de prazas compénsase cun aparcadoiro en Triacastela. Tamén, a actual intersección en Os Concheiros que divide a avenida de Lugo vai ser suprimida para xerar máis espacio peatonal e simplificar e reducir o tráfico de vehículos nesa zona de entrada do Camiño Francés. Trasládase cen metros máis arriba a nova rotonda que se habilitará no cruce do Conservatorio e a estación de autobuses, e que priorizará a circulación da avenida de Lugo.

Na intersección de Os Concheiros abriráse unha praza máis urbana para acercar os barrios de Fontiñas e Concheiros. Será unha solución similiar á intersección de Montero Ríos con Xeneral Pardiñas: vías e acera ao mesmo nivel.

Está previsto que as obras comecen no primeiro semestre do ano e que estén rematadas para o 2020. as actuaciónes proxectadas para o Camiño Francés tamén contemplan a reforma do Monte do Gozo: sustitución das escaleras do tramo de baixada hacia San Lázaro por unha rampa e renovación case por completo do entorno da capilla de San Marcos.

Comentarios