Un choque entre un camión e un turismo deixa un falecido en Vilalba

Un choque entre un camión e un turismo deixa un falecido en Vilalba
Foto de arquivo
Un choque entre un camión e un turismo deixa un falecido en Vilalba

Sucedeu sobre as 13:00 horas na parroquia de San Salvador de Ladra

O condutor dun turismo faleceu en Vilalba despois de chocar o seu vehículo contra un camión frigorífico, ao paso pola parroquia lucense de San Salvador de Ladra.

Poucos minutos antes das 13:00 horas da tarde de hoxe, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foron informados dun accidente grave na LU-541, á altura do punto quilométrico 10. Segundo puido saber o 112 Galicia, tras a colisión, o turismo quedou visiblemente danado e os ocupantes de ambos vehículos encontrábanse atrapados.

De inmediato, desde o CIAE 112, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba, á Guarda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén ao servizo de mantemento da estrada.

Nada mais chegar ao punto, os servizos sanitarios de urxencia confirmaron que o condutor do coche estaba falecido. Igualmente, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilalba para realizar as labores de excarceración e liberar as dúas vítimas do sinistro, isto é, o ocupante falecido do turismo e o condutor do camión, que foi atendido no punto sen a necesidade de traslado.

Comentarios
Lo más