A Audiencia absolve a tres porteiros acusados de agredir a unha parella en Vigo

A Audiencia absolve a tres porteiros acusados de agredir a unha parella en Vigo
Foto de arquivo
A Audiencia absolve a tres porteiros acusados de agredir a unha parella en Vigo

O tribunal indica que non queda "acreditado que golpeasen á parella na súa intervención”.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, absolveu a tres porteiros dunha discoteca acusados de agredir a un mozo e a súa noiva en marzo de 2014 na entrada do local, situado na rúa Uruguay. 

O tribunal indica na sentenza que unha persoa que estaba na cola propinou ao denunciante unha puñada na zona nasal, polo que acudiron ao lugar os porteiros da discoteca, “sen que quedase acreditado que golpeasen á parella na súa intervención”.

Comentarios