Un trailer envorca tras saírse da vía na AG-11, na Pobra do Caramiñal

Un trailer envorca tras saírse da vía na AG-11, na Pobra do Caramiñal
Foto de arquivo
Un trailer envorca tras saírse da vía na AG-11, na Pobra do Caramiñal

O accidente ocorreu este mediodía cando varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia dun sinistro no que se viron implicados un turismo e un camión

Un tráiler envorcou na AG-11 ao seu paso pola localidade coruñesa da Podra do Caramiñal e perde parte da carga de gasóleo do seu deposito, o que obrigou a cortar a circulación nun dos carrís da vía.

O accidente ocorreu este mediodía cando varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia dun sinistro no que se viron implicados un turismo e un camión. Como consecuencia do impacto, dúas persoas foron atendidas polos servizos sanitarios, aínda que ningunha delas tivo que ser evacuada. Ademais, o tráiler envorcou nunha finca e comezou a perder parte do gasóleo procedente do seu depósito. Deste xeito, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro para acoutar a vertedura e evitar así a súa expansión. Non obstante, trátase dunha vertedura pequena polo que os servizos de emerxencias descartaron danos para o entorno e as persoas. Ademais nas próximas horas farase o traspaso do resto do depósito e retirarase por un guindastre o vehículo accidentado.

Tamén, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente, acudiron os equipos de limpeza e mantemento da estrada.

Comentarios