Tras as primarias abertas á venciñanza, coñeceráse a lista das municipais de Compostela Aberta

Tras as primarias abertas á venciñanza, coñeceráse a lista das municipais de Compostela Aberta
Fonte: compostelaaberta.org
Tras as primarias abertas á venciñanza, coñeceráse a lista das municipais de Compostela Aberta

A campaña electoral será entre o 16 e o 21, e as votacións os días 22, 23 e 24 de marzo. Os resultados coñeceranse o 25 de marzo

A candidatura de Compostela Aberta para as eleccións municipais de 2019 será o resultado dun proceso de Primarias abertas á veciñanza. Así o decidiu a Asemblea do partido, nunha xuntanza onde tamén se aprobou o regulamento para a elección do primeiro tramo da lista (os 15 primeiros postos).

Tal e como xa sucedera no 2015, tanto a candidatura á alcaldía de Compostela Aberta como a lista que a acompañe serán elixidas en primarias abertas nas que poderá participar a veciñanza e non unicamente a militancia de CA.

Os requisitos para participar son ter máis de 16 anos, residir ou ter vínculos laborais ou académicos en Santiago e asinar o manifesto e código ético de Compostela Aberta.

En canto ás candidaturas, estas poderán ser tanto individuais como colectivas.

A campaña electoral será entre o 16 e o 21, e as votacións os días 22, 23 e 24 de marzo. Os resultados coñeceranse o 25 de marzo.

Comentarios
Lo más