As Confederación de ANPAS Galegas solicita que se axilice a licitación dos comedores escolares

As Confederación de ANPAS Galegas solicita que se axilice a licitación dos comedores escolares
Foto de arquivo
As Confederación de ANPAS Galegas solicita que se axilice a licitación dos comedores escolares

Dende o Concello de Santiago alégase que o departamento de educación está a elaborar os novos pregos para licitar o servizo

As Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) de centros públicos están a pedir que se axilice a licitación dos comedores escolares de cara ao próximo curso. O obxectivo e que as eleccións municipais non interfiran nin ralenticen o proceso. Fernando Lacaci, vicepresidente da Confederación de ANPAS Galegas, calificou de irresponsabilidades que non se avance "porque que fin de curso é en xuño é sabido hai bastante décadas, non é nada novo; e o contrato debería estar previsto desde hai meses. Estamos asistindo ao que probablemente vaia ser outro ano de dificultades neste tema, sempre no último momento, malamente, en lugar de prever con tempo e con calma".

Dende o Concello de Santiago alégase que o departamento de educación está a elaborar os novos pregos para licitar o servizo. Adiantan que terán novidades como un prezo fixo para evitar baixas como as que provocaron problemas nas útlimas contratacións pero on saben se se licitará o servizo para o vindeiro curso antes o despois das municipais.

A Confederación recordou que fai catro anos o servicio quedou condicionado polas municipais. Tamén critican a falta de melloras nos últimos sete anos, dende que o xestiona o Concello. Desde a Confederación defenden un novo modelo que elabore comida con produtos frescos, de proximidade e de tempada e calidade. Tamén solicitan que se cociñe nos colexios en vez de cátering e que haxa un proxecto educativo que promova a alimentación saudable e os bos hábitos entre o alumnado. Outra das medidas que se piden é que se pague o servizo en función da renta familiar.


Comentarios