Afundación organiza un novo curso de cociña infantil de Entroido

Afundación organiza un novo curso de cociña infantil de Entroido
Afundación organiza un novo curso de cociña infantil de Entroido

Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e será impartido por Vanessa Sende Cardoso os vindeiros 4 e 5 de marzo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o seu curso de cociña infantil "O Entroido dos minichefs" na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) aproveitando a celebración desta festa senlleira do ciclo do inverno.

Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e será impartido por Vanessa Sende Cardoso os vindeiros 4 e 5 de marzo, en quenda de tarde o primeiro día, de 17:00 a 19:00 horas e de mañá, o segundo, de 11:30 a 13:30 horas.

Nesta ocasión os asistentes a este taller culinario prepararán receitas disfrazadas de pizza sen fariña e hamburguesas camufladas.

Para esta actividade xa se cubriron as prazas, pero para vindeiros cursos de cociña infantil as inscricións poderanse formalizar a través da web Ataquilla.com ou na propia Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19).


Comentarios
Lo más