Asemblea de Investigadoras de Compostela: loita e apoio

Asemblea de Investigadoras de Compostela: loita e apoio
Asemblea de Investigadoras de Compostela: loita e apoio

Además de ser unha ferramenta de loita, a Asemblea e un punto de encontro e un espazo de apoio

Fai dous anos convocouse unha manifestación pola lei educativa. Unha das asistentes á manifestación era Leticia, investigadora predoutoral que acababa de chegar a Compostela. Na manifestación fixouse que había xente con cartaces de dignidade predoutoral, achegouse e contáronlle o movemento que estaba a xurdir. Despois desta conversa, tomando algo, Leticia e tres rapazas máis decidiron que non había ninguna asemblea de organización que se preocupase dos seus dereitos e que había que montala. A primeira asemblea convocada en Filosofía xa tivo bastante éxito. A día de hoxe son máis de 160 mulleres e homes censados. 

Leticia Carrera Pérez, investigadora predoutoral no Departamento de Galego da Facultade de Filoloxía,  e Aldara Cidrás Fuentes, investigadora predoutoral no Departamento de Historia, charlan con COMPOSTELA24HORAS para presentarnos e coñecer a Asemblea da que forman parte. Chámase Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) porque son catro rapazas as que formaron a organización. E tamén utilizan o feminino como plural neutro para visibilizar ás mulleres investigadoras e o traballo femenino. Teñen varios frontes abertos con varios grupos de traballo que se van creando ou desintegrando segundo as necesidades. A meirande parte das integrantes son predoutorais pero tamén hai censadas postdoutorais. O colectivo está aberto a persoal investigador independentemente do seu contrato porque moitas das medidas polas que loitan afectan a todos.

O ano pasado reuníronse co secretario xeral de Universidades e trataron unha das principais reivindicacións: un dos requisitos para poder solicitar o contrato da Xunta é estar matriculado. As matrículas lévanse a cabo en setembro ou outubro é, ate maio ou xuño non se sabe quen está contratado. Supón máis de medio ano esperando e moi pouca xente consigue ese contrato. Este requisito choca cos contratos do Ministerio ou con becas FPI nos que sí que se pode pedir a axuda sen estar matriculada. Cun xustificante de prematrícula é suficiente. Por este motivo, reivindican unha igualdade nos contratos independentemente da institución que financie ou cofinancie eses contratos. "Estamos facendo o mesmo traballo e temos a mesma categoría laboral, pero non temos os mesmos dereitos" afirma Aldara.

Ademáis de que pagar unha matrícula para traballar carece de sentido, segundo afirma Leticia. Co contrato da Xunta tes que pagar a matrícula, cousa que, como explicaron, con outros tipos de contatros non hai que facelo. Esto levounas a preguntarlle á Xunta o porqué, e a Xunta respondeulles que era requisito da USC. ¿Por qué? Porque o número de matriculados na Universidade é índice de impacto nos rankings universitarios. 

Leticia e Aldara charlan con COMPOSTELA24HORAS para darlle voz á Asemblea e denuncian entre outras cousas, que o actual reitor Antonio López, na súa campaña de reitorado fíxose eco das demandas da AIC. De feito un dos puntos de seu programa era unha das demandas: axudas propias da USC. O seu programa desapareceu das redes, segundo afirman. Tamén prometeu ter diálogos fluídos con elas, e ainda non o viron. 

Aldara sostén que hai ao redor dunhas 1000 persoas en situación de precaridade laboral na Universidade de Santiago de Compostela. A AIC levou unha proposta á valedora do pobo para coñecer canto está a gañar a USC gracias a que o persoal predoutoral estea facendo as teses na Universidade. Segundo o Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020, por captación de colectivo predoutoral a USC recibe 1.300.000 euros. Simplemente por ter aos investigadores facendo a tese na Universidade, independentemente dos contratos que son financiados por outras entidades pública. A AIC descoñecen a onde se destina eses cartos que reciben por elas, están agardando que se lles informe. Con estes datos, a AIC sostén que a USC está a recibir fondos para facer fronte ás súas demandas, pero que eses cartos non se están a invertir en investigación.

Outro dos frontes que teñen abertos é o grupo de xénero do cal é coordinadora Aldara. Vanse reunir con todo tipo de asociacións estudiantís e feministas que operen en Santiago para elevar unha serie de demandas á USC para mellorar a calidade laboral das traballadoras e tamén das propias estudantes. Según sostén Aldara, agora mesmo non hai ningún tipo de estatística respecto ás violencias machistas que están a sufrir as mulleres no seo da universidade. "Se non sabemos que está pasando, non podemos actuar nin propor medidas". Tamén nos informa de que casi o 70% dos premios extraordinarios de fin de carreria do curso 2016/2017 eran de mulleres, sin embargo, os postos de catedrático, de titular... están ocupados por homes.

Por outro lado, Leticia fala da conciliación da muller. "Se solicitas un contrato postdoctoral, tes que marchar dous anos ao extranxeiro obligatoriamente. Ahí a muller ten que decidir moitas veces. A maioría de profesoras con altos cargos universitarios decidiron non ter unha familia. É moi difícil conciliar as dúas cousas".

Ademáis, señalan que non teñen ningún tipo de formación en canto a acoso sexual. Na revisión médica laboral, ás investigadoras tampouco lles preguntan sobre o tema, solo sobre acoso laboral. "A mín xa me aconteceu de achegarse unha alumna cun problema, e que non sabía como resolvelo. E eu tampouco porque non teño ningún curso de formación de como afrontarme a esto, que lexislación podo seguir, que medidas debo tomar... para afrontar a situación de que un alumno acosa sexualmente a unha alumna" afirma Leticia. Por eso, outra dos temas que queren reclamar é que haxa cursos específicos de como afrontar a violencia machista dende o posto de docente.

Ademáis queren loitar polo seu futuro, que é un tanto incerto. Elas relatan que unha vez fas o predoc e o postdoc, tes que empezar a enlazar contratos inestables e precarios para poder ir sobrevivindo. E denuncian que non é calidade de vida que permita investigar. Consideran que a etapa de invetigación predoutoral ou postdoutoral é moi dura. Moitas das investigadoras acaban con problemas de depresión, ansiedade, insomnio... E queren deixar claro que a Asemblea, ademáis de unha ferramenta para denunciar as inxustizas que consideran que hai na USC, é tamén un espazo de encontro de investigadoras. Que se tes dúbidas en calquer etapa do proceso, podes presentar o teu caso na AIC. Afirman que a experiencia investigadora é moi individual o cal repercute no descoñecemento e na perda de dereitos. A Asemblea é un espazo de apoio.

En decembro, elas reuníronse coa xerencia da USC que lles pediu que expresaran as demandas por escrito e fixérono. Onte mércores tiveron de novo unha reunión con xerencia e catro sindicatos (CCOO, CIG, CSIF e UXT). Media hora antes dunha mesa negociadoras con sindicatos á que non foron invitadas. A pesar de non coñecer a orde do día nin os obxectivos da mesma, decidiron acudir á xuntanza segundo o acordado na última asemblea.  Resulto ser un mero convite a expoñer de novo a situación actual e as principais demandas da Asemblea. O único que sacaron en claro, segundo AIC, é que a Xerencia non os considera interlocutores válidos e non está disposta a negociar con eles.

Por parte de AIC sosteñen que, dado que non hai avances e a Xerencia non os recoñece como interlocutores válidos, ata que non se lles presenten unha proposta de solución que remate con esta discriminación, seguirán loitando coa campaña #MartesNegros e clamando #PorUnhaUSCDigna.

Comentarios