O Concello de Ribeira homenaxeará o 8 de marzo ás mulleres do mar cun acto no Salón de Plenos do Consistorio local

O Concello de Ribeira homenaxeará o 8 de marzo ás mulleres do mar cun acto no Salón de Plenos do Consistorio local
O Concello de Ribeira homenaxeará o 8 de marzo ás mulleres do mar cun acto no Salón de Plenos do Consistorio local

Unha escultura en forma de pirámide invertida será erixida o venres 28 na praza Heroínas de Sálvora en memoria das vítmas da violencia machista


O Concello de Riveira deu a coñecer esta mañá o programa de actos cos que conmemorar este 8 de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora cunha presentación na que participaron o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Servizos Sociais Esther Patiño e a directora do CIM Dolores Crujeiras.

Este ano, as mulleres do mar serán o colectivo homenaxeado cun evento que terá lugar o propio venres ás 18.30 horas no salón de plenos do Consistorio, que incluirá a proxección do documental “Noetiña – As mulleres e o mar, traballadoras invisibles na Costa da Morte”, que foi premiado durante o I Concurso de Ideas Luisa Villalta.

Máis alá deste acto, dende o Concello de Riveira se están a planificar tamén outras accións, como unha actividade escolar denominada “Maxia pola Igualdade”, a cargo de Fani Triana, que terá lugar o día 12 no Auditorio e que estará dirixida a alumnos e alumnas de 5º de Primaria (haberá dúas sesións ás 10 e ás 12 horas).

Mural

Por outra banda, o Concello de Riveira colaborará durante o pintado dun mural e unha frase reivindicativa que serán elaborados na praza de España no marco dun evento de murais promovido por distintas asociacións feministas da comarca de Barbanza. Para a confección da frase espérase contar coa implicación de distintos centros escolares.

E por último cómpre destacar que o venres 28 de marzo será erixida na praza Heroínas de Sálvora (a carón do novo mercado municipal) unha escultura elaborada polo artista Fernando Yáñez, que é profesor do colexio Galaxia, para homenaxear ás vítimas da violencia de xénero. Dita escultura estará formada por unha pirámide de cristal invertida de 2,5 metros de longo e 1,5 de ancho con calzado de cor vermella no seu interior.

Doazón de calzado vermello

De feito, os partícipes na presentación de hoxe fixeron un chamamento para todos aqueles que queiran colaborar doando calzado desta cor (poden poñerse en contacto co Centro de Información á Muller, situada no edificio Miradoiro de Padín) co fin de poder encher por completo a estrutura. Cóntase xa con doazón da comunidade educativa do colexio Galaxia e dunha asociación feminista de Miño (neste último caso, cuns 80 pares).

Comentarios