Ferido de gravidade un home ao pasarlle por riba o seu tractor

Ferido de gravidade un home ao pasarlle por riba o seu tractor
Ferido de gravidade un home ao pasarlle por riba o seu tractor

Sucedeu preto das 12:30 horas desta mañá no concello lucense da Pobra do Brollón, na parroquia de Castrosante

Un home resulta ferido de gravidade, ao pasarlle un tractor por riba do corpo.

Sucedeu preto das 12:30 horas desta mañá no concello lucense da Pobra do Brollón, na parroquia de Castrosante, onde o vehículo agrícola pasáballe por riba do corpo a un home. Así o narraba a persoa particular que chamaba ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica urxente para o ferido.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, mandouse aviso aos profesionais sanitarios, que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aos bombeiros de Monforte de Lemos e a Garda Civil. Non obstante, unha vez no lugar do accidente, comprobaron que o ferido estaba liberado e accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Folgoso do Courel e Protección Civil da localidade.

Comentarios