A sección sindical de UGT do Concello de Santiago solicita a convocatoria de comisión de avaliación do desempeño

A sección sindical de UGT do Concello de Santiago solicita a convocatoria de comisión de avaliación do desempeño
Foto de arquivo
A sección sindical de UGT do Concello de Santiago solicita a convocatoria de comisión de avaliación do desempeño

O obxecto é o de aclarar as dúbidas de “carácter legal” sobre os termos do acordo asinado entre o Goberno municipal e os representantes da CIG, CCOO e CSIF.

Representantes da Sección sindical da UGT- FSP do Concello de Santiago de Compostela presentaron onte unha solicitude formal no Rexistro Xeral do Concello, dirixida á concelleira responsable de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, na que instan á convocatoria, con carácter urxente, da citada comisión, co obxecto de aclarar as dúbidas de “carácter legal” sobre os termos do acordo asinado, a semana pasada, entre o Goberno municipal e os representantes da CIG, CCOO e CSIF.

Defenden a súa petición, aínda asumindo o carácter non vinculante para o goberno municipal das decisións adoptadas no seo do órgano, co argumento de que a súa non convocatoria, con carácter previo á presentación do denominado acordo pola carreira profesional “impediu o lexítimo debate e a formulación de propostas polos seus membros, entrando en contradición co obxectivo para o que foi creada”. É por iso, que dende a UXT entenden “que se tan seguros están os asinantes da validez xurídica do documento, non deberían ter problema en que a pesares de non facelo con anterioridade, os membros expoñan as súas posicións na comisión”

Igualmente a solicitude inclúe unha petición expresa para a análise do informe emitido polo Consello Consultivo de Galicia, emitido a solicitude do Alcalde do Concello de Santiago de Compostela, no que se conclúe, de forma inequívoca, a vixencia dos preceptos incluídos no Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime das retribucións dos funcionarios da Administración local. O informe ven a respaldar a súa postura poñendo de manifesto que “a ausencia de informe preceptivo, que debería emitir a Intervención municipal, non permite coñecer se o compromiso económico adquirido coas e cos empregados municipais, a través da firma do acordo, cumpre cos límites globais sinalados polo Estado, para o total das retribucións complementarias, de aplicación ao persoal das Entidades locais”.

Comentarios
Lo más