Comezan as IV Xornadas Gastronómicas da Filloa en Boqueixón

Comezan as IV Xornadas Gastronómicas da  Filloa en Boqueixón
Comezan as IV Xornadas Gastronómicas da Filloa en Boqueixón

As propostas dos catro establecementos participantes poderanse degustar ata o venres 8 en horario de 12.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.30 horas

O Concello de Boqueixón iniciou onte a cuarta edición das súas Xornadas Gastronómicas da Filloa, que se desenvolverán ata este venres 8 de marzo. Os catro establecementos participantes nesta iniciativa ofrecen dende onte deliciosas tapas gourmet de filloa a un prezo de 2 euros. O horario para poder degustalas é de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas.

Sete propostas están dispoñibles para a clientela. Así, no Bar Restaurante O Imprevisto poderanse probar as súas Filloa imprevisto e Filloa italiana, mentres que no Restaurante Vente Vindo ofrécense as filloas Galemar, Galeterra e Galedoce. Mesturance é o nome da proposta culinaria da Cervexería O Vikingo e no Restaurante Vía da Prata a opción será a Panza Chea.

XXXVI Festa da Filloa de Lestedo

Estas IV Xornadas Gastronómicas da Filloa son o preludio da XXXVI Festa da Filloa de Lestedo. A celebración terá lugar este domingo 10 de marzo, que combinará a degustación de filloas para todos os gustos co tradicional Entroido dos Xenerais da Ulla.

Comentarios
Lo más