"La librería" inaugura o ciclo de cine «Mulleres» na súa Sede Afundación Santiago

"La librería" inaugura o ciclo de cine «Mulleres» na súa Sede Afundación Santiago
Foto de arquivo
"La librería" inaugura o ciclo de cine «Mulleres» na súa Sede Afundación Santiago

Figuras ocultas, La librería, Muchos hijos, un mono y un castillo y Tres anuncios a las afueras son os filmes incluídos nesta proposta cinematográfica organizada pola Obra Social de ABANCA no marco do Día Internacional da Muller

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, o ciclo de cinema «Mulleres» conformado por películas nas que as mulleres son as protagonistas indiscutibles, descubrindo historias comprometidas que dan lugar á reflexión. Mulleres diversas, brillantes, valentes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida. Mañá, mércores 6 de marzo, proxectarase ás 20.00 h, a primeira das películas programadas, La librería, de Isabel Coixet.

A entrada a todas as sesións deste ciclo é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

La librería (Isabel Coixet, 2017)

Nunha pequena aldea de Inglaterra, no ano 1959, unha moza decide, en contra da educada, pero implacable, oposición veciñal, abrir a primeira librería que houbo nunca nesa zona. 

Comentarios
Lo más