Presentación do XIV Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

Presentación do XIV Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego
Fonte: Google Maps
Presentación do XIV Encontro da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego

Terá lugar hoxe ás 11:30 horas no Local Nacional do Sindicato Labrego Galego

O Sindicato Labrego Galego presenta hoxe nunha rolda de prensa en Compostela o XIV Encontro da Secretaría das Mulleres do SLG, que se celebrará os días 9 e 10 de marzo en Nigrán. Na rolda de prensa ademais, tamén se valorará dende unha perspectiva labrega e rural a folga feminista do 8 de marzo, da que o SLG é unha das entidades convocadoras.

A comparecencia diante dos medios de comunicación terá lugar ás 11:30 horas, nas instalacións do Local Nacional do Sindicato Labrego Galego, na rúa Ofelia Nieto 13-23, Santiago de Compostela. Na rolda de prensa participará María Ferreiro, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG.

Comentarios