Suspendido polo mal tempo o desfile do martes de Entroido

Suspendido polo mal tempo o desfile do martes de Entroido
Foto de arquivo
Suspendido polo mal tempo o desfile do martes de Entroido

Polo momento, mantense para hoxe mércores a queima do Meco na praza Roxa

O desfile do martes de Entroido tivo que ser finalmente suspendido a consecuencia do forte vento e das intensas choivas desta tarde. O Concello intentou apurar todo o posible a decisión agardando que o clima puidese respectar o desfile, pero finalmente non foi posible. Nestes momentos estase a falar cos diferentes inscritos e inscritas con fin de fixar unha nova data para o concurso, atendendo á súa dispoñibilidade.

Polo momento, mantense para hoxe mércores a queima do Meco na praza Roxa (21:00 h), despois do seu desfile, a partir das 20:00 h, dende a praza do Toural pola rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador. A comitiva irá acompañada de A Ruliña de Laraño e da charanga Estradens Band, e de todas as persoas que o desexen que deberán vestir rigoroso loito para a ocasión.

Comentarios
Lo más