O PSOE de Ordes volverá levar ao Pleno as carencias de persoal no PAC de Ordes

O PSOE de Ordes volverá levar ao Pleno as carencias de persoal no PAC de Ordes
Foto de arquivo
O PSOE de Ordes volverá levar ao Pleno as carencias de persoal no PAC de Ordes

O sábado estivo cun só médico operativo e pacientes con tarxeta preferente tiveron que agardar máis de tres horas a seren atendidos

Os socialistas de Ordes volven facerse eco das carencias de persoal no PAC de Ordes, que poñen en risco a atención ás persoas enfermas que acoden ás instalacións. Unha situación da que o PSOE de Ordes xa leva meses advertindo e que o pasado sábado 2 de marzo volveron poñerse de manifesto.

“Varios veciños trasladáronos que ese sábado, dende as 11:30 ata as 15:00 horas, só houbo un médico atendendo ás persoas enfermas, a pesares de que a sala de espera estaba completamente chea”, denuncia o voceiro municipal, Alejandro Manteiga, quen apunta que “houbo pacientes con tarxeta preferente que estiveron máis de tres horas agardando sen seren atendidos, polo que moitos veciños e veciñas optaron por marcharse a Santiago”.

Os socialistas de Ordes xa demandaron en Plenos anteriores unha cobertura permanente de dous médicos no PAC de Ordes para así evitar situacións de risco. Unha petición que, pese a ser compartida por toda a corporación municipal, ás primeiras de cambio non se cumpre, co risco que isto supón para os enfermos e enfermas que acoden a este centro médico.

Comentarios
Lo más