Deteñen a un home por pegar un golpe a un Policía en Lugo

Deteñen a un home por pegar un golpe a un Policía en Lugo
Deteñen a un home por pegar un golpe a un Policía en Lugo

Segundo a Policía, o home, de 37 anos, que era un dos participantes nunha rifa, desobedeceu e opuxo resistencia aos axentes

Un home foi detido por propinar un "lapote" a un axente da Policía que tentaba parar unha pelexa nunha rúa de Lugo na que era un dos implicados.

Segundo a Policía, o home, de 37 anos, que era un dos participantes nunha rifa, desobedeceu e opuxo resistencia aos axentes.

A pelexa produciuse cara ás 12:30 horas de onte no exterior dun local de lecer en Lugo polo que unha patrulla que circulaba pola zona interveu para tentar separar aos dous individuos, pero uno deles propinou un lapote a un dos policías e continuou loitando co outro ao que proferiu, ademais, ameazas de morte.

Ante o seu crecente estado de agresividade, os axentes que o detiveron decidiron trasladalo a Comisaría, a pesar de que pateou desde o interior a porta do coche patrulla, xerando danos no vehículo, segundo a Policía.

O detido, que ten antecedentes penais, foi posto a disposición xudicial.

Comentarios