Compostela despide o Entroido coa queima do excomisiario Villarejo

Compostela despide o Entroido coa queima do excomisiario Villarejo
Compostela despide o Entroido coa queima do excomisiario Villarejo

O domingo 17 será o desfile despois de suspendelo por mor do tempo

A queima do Meco na praza Roxa tras o seu desfile dende o Toural puxo fin ao Entroido compostelán, cando menos simbolicamente, xa que aínda está pendente o concurso-desfile adiado este martes por mor do temporal. Celebrarase o domingo 17 de marzo.

O Meco ardeu na praza Roxa despois do seu desfile dende a praza do Toural pola rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro e República do Salvador. 

IMG 8578

A comitiva estivo acompañada de comparsa A Ruliña de Laraño e da charanga Estradens Band, e de todas as persoas que se uniron vestindo de rigoroso loito para a ocasión. Nesta ocasión o tempo deu unha tregua e se puido andar polas rúas de Compostela sen ter que usar un paraugas.

Con esta queima ponse fin ao Entroido da cidade no que o Concello organizou durante estes días diferentes actividades para os máis pequenos e para os maiores. Pese a chuvia, que suspendeu o desfile, a xente puido disfrutar duns días cheas de color e diversión.

IMG 8704

Comentarios