Compostela y comarca reivindican o 8M

Compostela y comarca reivindican o 8M
Foto de arquivo
Compostela y comarca reivindican o 8M

Repasamos as movilizacións e as actividades na comarca

O movemento feminista vaise volver a escoitar en Compostela e comarca como aconteceu o ano pasado. Despois dunha convocatoria tan exitosa como a de 2018, as mulleres de Santiago e arredores están preparadas para volver a saír á rúa a reivindicar os seus dereitos. 

Para celebrar hoxe o 8M haberá vaias movilizacións e actividades en Santiago de Compostela e comarca. Repasamos algunhas delas para que estedes ao tanto.

Santiago de Compostela

Dende a plataforma feminista, estase a animar ás mulleres e conseguir unha "treboada feminista". Varias manifestacións sairán ás 11:30 horas dende diferentes puntos: dende a gasolineira Galuresa, dende a rotonda de Concheiros, dende a Praza da Paz e dende a praza Rodríguez Cadarso. Todas elas acabarán exactamente na rúa da Senra 19, é dicir, na praza de Galicia.

Ás 20:00 horas haberá outra manifestación que sairá dende a praza 8 de Marzo e rematará na praza do Obradoiro.

Ames

Ás 11.00h comezará un paseo por Bertamiráns no que as participantes chamarán ao resto de amesás a que participen na concentración que terá lugar ás 12.00h na Praza do Concello. Ao finalizar a manifestación, as participantes que así o desexen poderán ir ata o Pazo da Peregrina para ultimar os ensaios dos cantos e a coreografía que se desenvolverá na concentración da tarde, que sairá da Praza 8 de marzo de Santiago. Ás 14.30 asistirán a un xantar elaborado e servido polos profesores e os alumnos de 2º de Bacharelato do IES de Bertamiráns, tralo que un profesor voluntario impartirá unha sesión de Ioga.

Teo

O Concello de Teo conmemorará o 8 de marzo, Día das Mulleres, cun acto institucional que se levou a cabo o serán do 7 de marzo, o apoio á folga de mulleres do 8 e unha excursión a Celanova e Bande prevista para o 7 de abril.

Lousame

A Casa da Cultura de Lousame acollerá hoxe venres 8 de marzo dúas actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller. Ás 20:00 horas abrirase ao público unha mostra coas 15 fotografías participantes no concurso “Nós compartimos... e ti?”, que se levou a cabo durante os quince últimos días na páxina en Facebook do Concello de Lousame.

Ás 20:30 horas comezará o acto terá lugar a lectura dun manifesto a prol da igualdade e a entrega de premios do concurso. Ás 21:00 horas, as persoas asistentes subirán ao primeiro andar da Casa da Cultura, pois na sala de exposicións poderá visitarse a mostra sobre mulleres “A metade do ceo”, do artista José Tembra Redondo (Taragoña).

Oroso

No Concello de Oroso pola mañá, haberá concentracións nos centros escolares en prol da igualdade, mentres que pola tarde o Concello fará entrega dos premios do concurso de fotografía "Muller Traballadora".

No acto central da xornada, hoxe ás 20.00 horas na Casa da Cultura, o Concello de Oroso quere render homenaxe ás mulleres da agraria en activo, xubiladas ou ás que nalgún momento da súa vida se dedicaron ás tarefas agrarias.

Ribeira

O Conservatorio de Música de Riveira vai conmemorar hoxe venres o Día da Muller cun concerto no que terán cabida exclusivamente obras ideadas por compositoras.

Padrón

Haberá unha concentración convocada pola plataforma feminista 8M. Será ás 20:00 horas na estatua de Rosalía de Castro.

Noia

Tamén haberá concentración feminista en Noia, será ás 20:00 horas na praza do Concello.

Comentarios