O Concello de Oroso homenaxea hoxe ás mulleres da agraria polo 8M

O Concello de Oroso homenaxea hoxe ás mulleres da agraria polo 8M
O Concello de Oroso homenaxea hoxe ás mulleres da agraria polo 8M

“O obxectivo da xornada é facer visible o máis posible as realidades que a día de hoxe seguen a colocar ás mulleres en contextos de desigualdade real, a pesares dos avances experimentados en materia de igualdade de xénero co desenvolvemento de distintas disposicións legais”

O Concello de Oroso únese hoxe aos actos reivindicativos polo Día Internacional da Muller, con diferentes iniciativas ao longo da xornada e unha homenaxe ás mulleres da agraria.

Pola mañá, haberá concentracións nos centros escolares en prol da igualdade, mentres que pola tarde o Concello fará entrega dos premios do concurso de fotografía "Muller Traballadora".

No acto central da xornada, hoxe ás 20.00 horas na Casa da Cultura, o Concello de Oroso quere render homenaxe ás mulleres da agraria en activo, xubiladas ou ás que nalgún momento da súa vida se dedicaron ás tarefas agrarias.

“O obxectivo da xornada é facer visible o máis posible as realidades que a día de hoxe seguen a colocar ás mulleres en contextos de desigualdade real, a pesares dos avances experimentados en materia de igualdade de xénero co desenvolvemento de distintas disposicións legais”, asegura a concelleira de Muller do Concello de Oroso, María del Carmen Liste.

Comentarios