A concelleira Genma Otero quere que os concelleiros do PP e PactoxAmes "examinen os orzamentos en tan só dous días"

A concelleira Genma Otero quere que os concelleiros do PP e PactoxAmes "examinen os orzamentos en tan só dous días"
Foto de arquivo
A concelleira Genma Otero quere que os concelleiros do PP e PactoxAmes "examinen os orzamentos en tan só dous días"

Otero firmou a convocatoria da Comisión Informativa para facer entregar da documentación orzamentaria o luns 11 de marzo as 14 horas co fin de convocar o pleno extraordinario para debater os orzamentos 2019 o xoves 14 de marzo

O pasado mércores ás 15 horas, chegaba a comunicación firmada pola concelleira populista Genma Otero, da convocatoria da Comisión Informativa dos orzamentos 2019 para o próximo luns 11 de marzo as 14 horas. "Nun xesto sen precedentes no municipalismo", firmou a convocatoria da Comisión Informativa para facer entregar da documentación orzamentaria o luns 11 de marzo as 14 horas co fin de convocar o pleno extraordinario para debater os orzamentos 2019 o xoves 14 de marzo, e dicir, tan só dous días despois da comisión informativa. 

Mentres a concelleira de Podemos, Dona Genma Otero, que segundo afirman os populares, cobra pola súa dedicación exclusiva máis de 3.100 euros ao mes, "anda a velas vir todo o ano", incumprindo todos os prazos e as datas para confeccionar e presentar os orzamentos segundo o PP, agora, "cun inaudito descaro, impropio de quen se atopa na rampa de saída", pretende que os concelleiros do Partido Popular e de Pacto por Ames, os únicos que fan oposición, estuden o extenso documento orzamentario en tan só dous días sabendo que estes edís teñen que cumprir cun horario de traballo ademais de conciliar a súa vida familiar porque non contan con dedicación exclusiva.

Dona Genma Otero, "co beneplácito" do Alcalde socialista Miñones e dos nacionalistas do BNG, "volven confundir aos seus coa totalidade da veciñanza de Ames e a súa votade democrática"; "despreza aos edís" e deixan as claras cal é a súa forma de fomentar a conciliación, a transparencia e o sentido democrático dun goberno autoritario controlado pola esquerda máis radical que nesta ocasión demostra ademais "unha indolencia sen precedentes empeñados en bater todas as marcas negativas, esquecéndose do interese xeral" afirman os populares de Ames.

Segundo o Partido Popular, eles e Pacto por Ames levan advertindo desta situación dende que Pilar Candocia deixara a dirección de Ames Novo en outubro de 2017. A partires de aí, e unha vez nomeado o novo voceiro, este grupo pasou a ser o aliado incondicional e cooperador necesario do tripartito en todas as cuestións relevantes, tendo aceso a determinada información con carácter previo ao resto dous grupos da oposición. Unha vantaxe por se “colaboracionista” na democracia degradada ou democracia de favores do tripartito, afirman.

Evidentemente, o orzamento municipal é un asunto tan relevante que é preciso dispoñer de máis tempo para o estudo e análise da documentación remitida. Só desta maneira se pode garantir a correcta formación da vontade dos membros da oposición, sentencian os populares.

"Coñecer con anterioridade adecuada a información, posibilita o seu estudo adecuado e a adopción da posición respecto do asunto. Por iso, a decisión adoptada polo tripartito de proporcionar tan pouco tempo, algo inapropiado e sen posibilidade real para o estudo e análise da información e documentación correspondente, non só vicia o posterior debate do asunto, senón que tamén vulnera o dereito de participación nos asuntos públicos que o artigo 23 da Constitución garante aos Concelleiros".

Os populares amienses advirten que ante esta situación "autoritaria e antidemocrática do cuatripartito", "cuxa única intención é dar o menor tempo posible para estudar o documento orzamentario a fin de silenciar á oposición", dende o Partido Popular de Ames e Pacto por Ames, "lonxe de desistir no estudo orzamentario, farase un esforzo adicional para examinar o extenso documento e chegar ao debate do pleno extraordinario co maior rigor posible".

Comentarios