Este sábado celébrase a cea solidaria organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para sufragar o programa Vacacións en Paz

Este sábado celébrase a cea solidaria organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para sufragar o programa Vacacións en Paz
Este sábado celébrase a cea solidaria organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para sufragar o programa Vacacións en Paz

A cea deste ano, que terá lugar este sábado, 9 de marzo, ás 21:00 horas, no restaurante compostelán Paz Nogueira, contará cun menú adulto de 27€ e outro infantil de 17€

Co obxectivo de sufragar os billetes de avión das cativas e cativos saharauís que veñen cada verán a Galicia, a través do programa Vacacións en Paz da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, as familias de acollida de Ames, Santiago, Brión e Teo organizan anualmente unha cea solidaria. A cea deste ano, que terá lugar este sábado, 9 de marzo, ás 21:00 horas, no restaurante compostelán Paz Nogueira, contará cun menú adulto de 27 euros e outro infantil de 17€. Para asistir pódese contactar con Esther Ybarra, voceira na zona de Sogaps, chamando aos números de teléfono 609 76 49 45 / 986 26 26 37 ou enviando un correo ao enderezo electrónico eybarra.sogaps@gmail.com. O Concello de Ames colabora anualmente co programa Vacacións en Paz exercendo labores de publicidade, mediación entre as familias e a asociación e xestión da estadía das nenas e nenos saharauís en Ames.

Un ano máis, as familias de acollida de Ames, Santiago, Brión e Teo organizan unha cea solidaria co obxectivo de sufragar o programa Vacacións en Paz, da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps). Desta maneira, os fondos recadados con esta iniciativa, que acada a súa oitiva edición, destínanse integramente ao financiamento dos billetes de avión das nenas e nenos saharauís que cada verán veñen a Galicia. O obxectivo é, coma sempre, que poidan viaxar o maior número posible de crianzas. En 2018, 4 nenos e 3 nenas saharauís pasaron o verán con familias amesás.

A cea solidaria deste ano terá lugar este sábado, 9 de marzo, no restaurante compostelán Paz Nogueira a partir das 21:00 horas. Haberá un menú adulto de 27 euros e outro infantil de 17€. Ademais, tendo en conta o éxito da ambientación das ceas anteriores, este ano a organización decidiu orientar a temática na noite dos Oscars, baixo o lema Benvidos a Hollywood! Para asistir á cea, á que non é obrigatorio acudir disfrazado, pódese contactar con Esther Ybarra, voceira na zona de Sogaps, a través dos números de teléfono 609 76 49 45 / 986 26 26 37 ou do enderezo de correo electrónico eybarra.sogaps@gmail.com .

O programa conta coa colaboración do Concello de Ames 

O Concello de Ames colabora anualmente co programa de Sogaps, Vacacións en Paz, dándolle publicidade, realizando labores de mediación entre as familias e a asociación e xestionando a estadía das nenas e nenos saharauís en Ames. O programa Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada, co fin de propiciar unha estadía agradable e humanamente rica ás crianzas saharauís. O programa busca ofrecer ás cativas e cativos, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa positivamente a súa formación.

Comentarios
Lo más