Catro persoas resultaron feridas tras colidir dous vehículos en Sada

Catro persoas resultaron feridas tras colidir dous vehículos en Sada
Foto de arquivo
Catro persoas resultaron feridas tras colidir dous vehículos en Sada

O suceso tivo lugar na AC-182, moi preto do Polígono Industrial Espíritu Santo, á altura do cruce que une a localidade de Sada e Oleiros, pasado uns minutos das 23:00 horas

A consecuencia dun coque entre dous coches no concello coruñés de Sada, catro persoas resultaron feridas e foron trasladados ao Hospital San Rafael da Coruña.

Pasados uns minutos das once horas da pasada noite, varias persoas particulares informaban ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos na AC-182 moi preto do Polígono Industrial Espíritu Santo, á altura do cruce que une a localidade de Sada e Oleiros. Aseguraban, ademais, a posibilidade de persoas feridas, decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, púxose o suceso en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Betanzos e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar e rematada a incidencia, os Bombeiros indicaron que non foi preciso o uso do material de excarceración e catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios en ambulancia.

Comentarios
Lo más