Os veciños da Rocha denuncian o estado da súa estrada

Os veciños da Rocha denuncian o estado da súa estrada
Os veciños da Rocha denuncian o estado da súa estrada

As rúas Poza Real de Arriba e Poza Real de Abaixo están cheas de fochancas

Os veciños da Rocha denuncian o estado da súa estrada nas rúas Poza Real de Arriba e Poza Real de Abaixo. A estrada está chea de fochancas que, segundo indican os veciños da zona, dende o Concello solo veñen a enher un pouco o oco da fochanca, método que solo solventa a problemática por un tempo corto.

Segundo indican os veciños, os coches que veñen de Milladoiro por esa estrada teñen que sortear as fochancas e nesas maniobras dañan os coches aparcados na rúa, rompendo retrovisores ou rascando a pintura. Ademáis de que a máis dun veciño xa se lle dañou unha roda nesas fochancas.

Para evitar estes problemas, algúns veciños botan grava nas fochancas para enchela e que non se dañen as rodas dos seus vehículos.

Os veciños denuncian que o Concello de Santiago teña en ese estado esa estrada e solicitan que se asfalte enteira, non só que se parchee a fochanca de vez en cando. Ademáis, a estrada está sen pintar dende fai varios anos, o que tamén lle solicitan ao Concello.



Comentarios