Os Bombeiros celebraron onte o seu patrón e hoxe terán portas abertas aos veciños e veciñas

Os Bombeiros celebraron onte o seu patrón e hoxe terán portas abertas aos veciños e veciñas
Os Bombeiros celebraron onte o seu patrón e hoxe terán portas abertas aos veciños e veciñas

As actividades da xornada de portas abertas incluirán a exhibición dos vehículos, traxes e material dos que dispón o servizo

Os Bombeiros de Santiago celebraron este venres o seu patrón, San Xoán de Deus, participando nunha recepción do alcalde, Martiño Noriega, no propio parque. Ao tempo, ultiman os detalles da xornada de portas abertas que se celebrará hoxe sábado de 10:00 a 14:00 horas.

As actividades da xornada de portas abertas incluirán a exhibición dos vehículos, traxes e material dos que dispón o servizo. Tamén se mostrarán dous vehículos históricos do servizo, un do ano 1912 e outro de 1957. Ademais, haberá actividades como a elaboración de carnés infantís de bombeiros ou de cascos para nenos e nenas.

ESCOLAS INFANTÍS

En especial, o persoal das escolas infantís municipais, do Departamento de Educación e do Servizo de Extinción de Incendios, prepararon un programa de actividades para os nenos e nenas das escolas de Conxo, As Fontiñas, Meixonfrío-Salgueiriños e Castiñeiriño e as súas familias.

Os rapaces e rapazas elaborarán un súper-mural para celebrar o día dos Bombeiros con diferentes técnicas plásticas: pinceis, estampado de esponxas, pegada de anacos de papeis de cores… Ademais, poderán apagar un lume ficticio con globos cheos de auga, lanzándoos contra un edificio figurado en lapas.

Outra das actividades será a creación de extintores con materiais de refugallo, utilizando materiais como botellas baleiras, cordóns, precintos de cores e moita imaxinación.

O Departamento de Educación e os Bombeiros agradecerían ás familias que levaran un quilogramo de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. 

Comentarios
Lo más