Ovidio Rodeiro participou nos actos de inauguración da Festa do Queixo de Arzúa

Ovidio Rodeiro participou nos actos de inauguración da Festa do Queixo de Arzúa
Ovidio Rodeiro participou nos actos de inauguración da Festa do Queixo de Arzúa

O representante do goberno autonómico destacou que “é a segunda das festas gastronómicas da provincia da Coruña máis veteranas"

O delegado territorial da Xunta de A Coruña, participou está mañá no actos de apertura da 44ª edición da Festa do Queixo de Arzúa que encheu de visitantes o Recinto Feiral deste concello.


O representante do goberno autonómico destacou que “é a segunda das festas gastronómicas da provincia da Coruña máis veteranas. Tan só a festa da empanada de Carral, da que se celebrou a 45 edición o ano pasado, foi anterior a esta”. 

Nesta liña, sinalou que “este evento no se entendería sen o empuxe, a unión e a constancia dos veciños e veciñas de Arzúa, que foron capaces de conservar, durante tantos anos, a tradición de honrar ao queixo por excelencia de Galicia”.


O delegado territorial recalcou que “a Denominación de Orixe Protexida Arzúa Ulloa é a segunda D.O con máis produción de toda España con arredor de 3,5 millóns de quilos de produción, certificada en 2017, e cun valor económico de máis de 21 millóns de euros”. 

Ovidio Rodeiro rematou a súa intervención dándolle os parabéns aos organizadores polo seu esforzo, aos patrocinadores, aos expositores e, sobre todo, a a todos os asistentes, que fan desta festa un referente para toda Galicia.

Comentarios