Lestedo, unha vez máis, capital mundial das filloas

Lestedo, unha vez máis, capital mundial das filloas
Lestedo, unha vez máis, capital mundial das filloas

Ás 17:30 horas foi a quenda dos Xenerais da Ulla, que protagonizaron o seu tradicional atranque no campo da festa

O Concello de Boqueixón, a Asociación da Filloa e veciñanza da parroquia boqueixanesa volcaronse onte na organización da tradicional Festa da Filloa de Lestedo.

A media mañá, no campo da festa puideronse degustar as Filloas de Lestedo, soas ou tamén con acompañamentos como chourizos, panceta, rixóns e, para quen optou polo doce, con mel, nata ou crema. A máquina filloeira traballou ao máximo para ofrecer ata 1.600 filloas por hora para cubrir a amplia demanda que deste produto houbo ao longo da xornada festiva.

Sobre as 12.00 horas, a XXXVI Festa da Filloa de Lestedo celebrou a tradicional Parranda de Entroido no Campo da Feira. Media hora despois foi o IV Gran Desfile de Xenerais da Ulla, no que participaron varias ducias de xenerais, correos e soldados ataviados con traxes da época procedentes de distintos municipios da bisbarra compostelá

Xa ás 13.30 horas, tivo lugar o pregón da Festa da Filloa de Lestedo, que corrou a cargo do xornalista de Onda Cero Santiago, Ramón Castro. O alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu este acto, que presentou, como en anteriores ocasións, a actriz María Mera.

A continuación, realizouse a imposición dos Mandís de Honra tanto ao pregoeiro como a outros persoeiros que contribúen á difusión e posta en valor da Festa e impúxose a condecoración especial a un xeneral da parroquia de Lestedo. Aproveitando este intre, amosouse o novo traxe de xenerala da Ulla, creado pola deseñadora Carmen Pichel.

Ás 17:30 horas foi a quenda dos Xenerais da Ulla, que protagonizaron o seu tradicional atranque no campo da festa. Oito xenerais, que demostraron o bo humor e a sorna deste entroido tradicional mediante estrofas rimadas que nunca deixan de lado a política, o deporte e calquera tema da actualidade xeral e local.

Actuacións musicais

A música estivo presente durante toda a xornada festiva da man dos grupos e charangas Ardora, Raeira, Raiola, Luz do Ilicino e O Recobío. O broche de ouro foi grazas as orquestras Finisterre e París de Noia, que comezaron os seus pases musicais a partires das 18:30 horas e que duraron ata medianoite.


Comentarios
Lo más