Sober decreta dous días de loito oficial polo asasinato machista dunha veciña que residía en Madrid

Sober decreta dous días de loito oficial polo asasinato  machista dunha veciña que residía en Madrid
Sober decreta dous días de loito oficial polo asasinato machista dunha veciña que residía en Madrid

Esta muller, cuxos restos mortais recibiron onte sepultura en Sober, foi asasinada o venres pola súa parella na casa que compartían en Madrid

O municipio lucense de Sober decretou dous días de loito oficial polo falecemento da súa veciña Estrela Domínguez Menéndez, natural do lugar de Naz por mor da violencia marchista.

Esta muller, cuxos restos mortais recibiron onte sepultura en Sober, foi asasinada o venres pola súa parella na casa que compartían en Madrid.

O goberno local tamén convocou para hoxe unha concentración de repulsa e rexeitamento da violencia machista que terá lugar en Praza do Concello e á que asistirá, entre outras autoridades, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

As bandeiras do Concello de Sober luciron a media hasta esta fin de semana en sinal de duelo e o alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, trasladou aos familiares da vítima, no seu nome, no dos demais membros da corporación e nos dos propios veciños deste municipio, as condolencias á familia da falecida.

Comentarios
Lo más