Traballadores de CC.OO. denuncian a non aplicación das subidas salariais por parte do sindicato

Traballadores de CC.OO. denuncian a non aplicación das subidas salariais por parte do sindicato
Foto de arquivo. EFE
Traballadores de CC.OO. denuncian a non aplicación das subidas salariais por parte do sindicato

Nun comunicado dos traballadores do sindicato de Comisións Obreiras (CC.OO.) denuncian que a organización ten caduco o seu propio convenio dende fai varios anos

Nun comunicado dos traballadores do sindicato de Comisións Obreiras (CC.OO.) en Galicia denuncian que a organización ten caduco o seu propio convenio dende fai varios anos. Situación que califican como "anómala" e impropia dun sindicato que defende a clase traballadora.  Segundo indican, as reunións para renovalo retomáronse fai varias semanas sen chegar a un acordo por culpa dunha liña marcada polo equipo negociador: os traballadores deben renunciar a calquer incremento salarial para o ano 2018. Eles enuncian que esta é a condición para empezar a falar, tendo claro que o incremento do 2019 "xa se verá"...

No comunicado tamén afirman que se trata dunha vulneración do firmado por CC. OO. e UGT no último Acordo de Emprego e Negociación Colectiva no que se prevé ata un 3% de incrementos salariales cun 2% de parte fixa. Os traballadores aseguran que esta situación é o contrario do que defendeu públicamente Unai Sordo nas negociacións estatales.

Comentarios
Lo más