Ames concéntrase para repudiar os últimos asasinatos machistas

Ames concéntrase para repudiar os últimos asasinatos machistas
Ames concéntrase para repudiar os últimos asasinatos machistas

Despois das multitudinarias manifestacións do pasado venres con motivo do 8M, a violencia de xénero volver a deixar tres mulleres mortas durante esta fin de semana

O Concello de Ames realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa dos casos de violencia machista que ocorreron durante esta fin de semana en Valga, Estepona e Madrid

Despois das multitudinarias manifestacións do pasado venres con motivo do 8M, a violencia de xénero volver a deixar tres mulleres mortas durante esta fin de semana. Xa son 12 mulleres as que foron asasinadas este ano en toda España, unha delas, María Jesús Aboy, de 43 anos, é a primeira vítima en Galicia durante este ano 2019.

Os membros da Corporación municipal, traballadores municipais, e veciños e veciñas de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ante os asasinatos acontecidos esta pasada fin de semana. Durante a concentración, que tivo lugar en Bertamiráns e no Milladoiro, gardouse un minuto de silencio en lembranza destas mulleres que foron vítimas desta lacra.

Comentarios
Lo más