Manuel Dios non se presentará ás municipais de maio

Manuel Dios non se presentará ás municipais de maio
Manuel Dios non se presentará ás municipais de maio

"Non quería cumprir os 70 anos sendo concelleiro e máis aínda cando levo xubilado desde 2013"

Manuel Dios anunciou esta mañá que non se presentará ás municipais de maio con Compostela Aberta.

Comentou tanto en rolda de prensa como nas súas redes: “cando debatimos en 2015 sobre a limitación de mandatos, eu xa anunciei que, no meu caso, había razóns de sobra para limitalo a un. Entre outras, que non quería cumprir os 70 anos sendo concelleiro e máis aínda cando levo xubilado desde 2013”.

Tamén indicou que “como picheleiro estou moi honrado e agradecido por ser concelleiro de Educación e Cidadanía, así como Deputado Provincial”.

Compostela Aberta agradeceulle o esforzo e o traballo exercido dende o compromiso e a honestidade nestes catro anos, tanto no Concello como na Deputación.

Comentarios
Lo más