A Corporación garda un minuto de silencio polo aniversario do 11M e polas últimas vítimas de violencia machista
O alcalde, Martiño Noriega, e outros integrantes da Corporación e do cadro de persoal participaron neste acto de lembranza
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio con motivo da conmemoración do 15º aniversario dos atentados do 11 de marzo de 2004, a proposta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Asociación de Vítimas do Terrorismo.
A continuación, gardouse outro minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, acontecidos en Valga (Pontevedra), Madrid e Estepona (Málaga).
O alcalde, Martiño Noriega, e outros integrantes da Corporación e do cadro de persoal participaron neste acto de lembranza das vítimas do atentado do 11 de marzo de 2004, que custou a vida a 193 persoas. Neste 11 de marzo celébrase tamén o Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.