"Tres anuncios a las afueras" proxéctase hoxe dentro do ciclo "Mulleres"

"Tres anuncios a las afueras" proxéctase hoxe dentro do ciclo "Mulleres"
"Tres anuncios a las afueras" proxéctase hoxe dentro do ciclo "Mulleres"

Hoxe, martes 12 de marzo, proxectarase ás 20:00 horas, a segunda das películas programadas, Tres anuncios en las afueras

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, o ciclo de cinema "Mulleres" conformado por películas nas que as mulleres son as protagonistas indiscutibles, descubrindo historias comprometidas que dan lugar á reflexión. Mulleres diversas, brillantes, valentes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida. 

Hoxe, martes 12 de marzo, proxectarase ás 20:00 horas, a segunda das películas programadas, Tres anuncios en las afueras.

A entrada a todas as sesións deste ciclo é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Tres anuncios a las afueras (Martin McDonagh, 2017)

Mildred Hayes, unha muller de 50 anos, nai dunha adolescente violada e asasinada, decide iniciar pola súa conta unha guerra contra a Policía da súa vila, Ebbing, ao considerar que non fan o suficiente para resolver o caso e que se faga xustiza. 

Comentarios