A AAET e Asociación Española Contra el Cáncer asinarán hoxe un protocolo de colaboración

A AAET e Asociación Española Contra el Cáncer asinarán hoxe un protocolo de colaboración

O acto celebrarase no Centro Empresarial do Tambre ás 16:30 horas

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e a Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) asinarán hoxe martes, 12 de marzo, un protocolo de colaboración para o desenvolvemento de actividades de prevención do cancro e de fomento do voluntariado entre as empresas do ámbito da Área Empresarial do Tambre. 

O acto celebrarase ás 16:30 horas no Centro Empresarial do Tambre e asinarán o convenio o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel, e o presidente da Xunta Provincial da Coruña da AECC, Manuel Aguilar.

Comentarios