Abren un novo expediente á empresa mineira de Touro polos vertidos no rúa Ulla

Abren un novo expediente á empresa mineira de Touro polos vertidos no rúa Ulla
Abren un novo expediente á empresa mineira de Touro polos vertidos no rúa Ulla

Augas de Galicia propón unha sanción de ata 30.000 euros

A administración ven de comunicarlle á asociación Aldea Viva que incoou un expediente sancionador á empresa Explotaciones Gallegas S.L, máxima accionista de Cobre San Rafael, por verter augas residuais ao río Brandelos á altura da corta mineira de Bama.

Os feitos non son novos xa que en setembro do ano pasado a mineira recibiu unha sanción de 20.000 euros polo desbordamento da mesma balsa. Os informes analíticos confirman a afectación ao curso fluvial, constatando un importante aporte de metais pesados.

A realidade é que o río Brandelos recibe constantemente as augas da balsa mineira sen que Exga,propietaria dos terreos, tome medidas ao respecto. A pesares das múltiples denuncias e a constatación por parte da administración pública de que a empresa está a cometer un neglixencia grave que se mantén no tempo, semella curioso que Augas de Galicia califique a infracción como leve. 

Aldea Viva presentará alegacións e reclamará a tipificación da multa como grave dada a reiteración dos feitos e o desleixo amosado pola mineira ao non pór solución a un problema que coñece dende fai moitos anos.

A asociación medioambientalista considera que esta nova sanción e un golpe duro ao Proxecto Touro, xa que a Xunta de Galicia non debe autorizar un proxecto de megaminería a unha empresa con semellante historial de infraccións, xa que en apenas medio ano é a terceira que recibe.

Comentarios
Lo más