Aprobada a adxudicación das obras da rúa Alcalde Lorenzo e da rotonda do Pedregal

Aprobada a adxudicación das obras da rúa Alcalde Lorenzo e da rotonda do Pedregal
Aprobada a adxudicación das obras da rúa Alcalde Lorenzo e da rotonda do Pedregal

Dita obra foi adxudicada á empresa SYR AMG S.L. por un importe de 80.756,20 euros, IVE incluído

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de reposición de beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo e de repavimentación da glorieta do Pedregal, en Bertamiráns. Dita obra foi adxudicada á empresa SYR AMG S.L. por un importe de 80.756,20 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018, adicional 1/2018.

No referente á reposición de beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo, preténdese a construción de 1.185 metros cadrados de beirarrúa, dos que 278 metros lineais (105 e 173 metros) serán pola marxe esquerda e 124 metros pola marxe dereita. As obras faranse con bordo prefabricado de formigón e baldosa de formigón vibrado de 60x40x6 centímetros granallada, sobre base de cinco centímetros de zahorra e dez de formigón, incluído mallazo e xuntas de dilatación. Todo elo, previa demolición de bordo, beirarrúas e pavimento existente.

A obra completarase coa retirada e recolocación de farois, sinais e mobiliario existente, así como o pintado de bordo e unha partida para adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Por outra banda, en canto á repavimentación da glorieta do Pedregal, preténdese a mellora da capa de rodaxe da glorieta con seis centímetros de aglomerado en quente nun total de 1.700 metros cadrados de superficie, previo fresado do firme existente. A obra completarase coa sinalización horizontal con pintado de liñas e símbolos, ademais dunha partida para a adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Para a realización destas obras, que están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018 adicional 1/2018, a empresa SYR AMG S.L. conta cun prazo de execución de seis meses, contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo.

Comentarios
Lo más