A Asociación de Hostelería de Compostela prevé ao redor dun 30% de ocupación para a ponte do Día do Pai

Foto de arquivo
A Asociación de Hostelería de Compostela prevé ao redor dun 30% de ocupación para a ponte do Día do Pai

Este dato está previsto tanto para hoteis como para pensións

No mes de febreiro de 2019 Santiago de Compostelas tivo unha ocupación de un 33,78% en hoteis e un 34,66% en pensións, cunha estancia media de 1,7 días.

Para o mes de marzo de 2019, a Asociación de Hostelería de Compostela prevé unha ocupación dun 33,01% en hoteis e un 30,85% en pensións. E concretamente, para a próxima ponte de marzo dos días 16, 17, 18 e 19, esta prevista unha ocupación dun 34,71% en hoteis e dun 33,43% en pensións, segundo datos da Asociación.

En canto a ocupación en hoteis por parte de extranxeiros, houbo un repunte dende novembro, que se obtivo o dato máis baixo dende marzo de 2018 cun 20%. En canto a os españois, o dato máis baixo foi en maio cun 20% e o dato máis alto en novembro cun 80%. Agora en descenso ata o mes actual.

Pola parte das pensións, os visitantes extranxeiros fixeron o dato máis alto en maio de 2018 cun 70% e baixando ata a data actual. Mentres que o dato máis alto de ocupación en pensións por parte de visitantes españois foi en novembro cun 70%, cunha baixada en decembro ata o 50% e subindo ata o día de hoxe.

Comentarios