Agresión ao patrimonio de Santiago de Compostela

Agresión ao patrimonio de Santiago de Compostela
Agresión ao patrimonio de Santiago de Compostela

Esta vez trátase dunha pintada con tintes feministas na contorna da Catedral

Santiago de Compostela amanece cunha nova agresión ao patrimonio. Esta vez trátase de pintadas con tintes feministas na contorna da Catedral. Responsables da restauración da Catedral tiveron coñecemento esta mesma mañá das pintadas. Os operarios xa se están encargando da limpeza da fachada.

"Yo no salí de tu costilla, tú saliste de mi coño!" é a mensaxe que se traslada nunha das pintadas que apareceron hoxe, ésta nas escaleiras da Catedral de Santiago, na praza do Obradoiro. Outras das pintadas están localizadas na zona do arco que vai dar á rúa Acibechería, nas que se pode ler "machitos" ou "no nos pararán".

Segundo informa o grupo do Goberno local, Compostela Aberta, que denuncia as pintadas a través do seu perfil de Twitter, serán analizadas por expertos para determinar o xeito de eliminalas. Tamén se pon a dispor da Catedral de Santiago para colaborar no que sexa necesario.

PINTADA NA FACHADA ROMÁNICA

O pasado mes de agosto, nunha escultura do século XII na fachada románica de Praterías apareceu unha pintada coa palabra Kiss (en referencia ao grupo de música) escrita en azul e cos bigotes emulando a un dos membros da banda.

A Policía Nacional pediu a colaboración cidadá para encontrar a persoa ou persoas responsables pero a falta de cámaras vixilancia na zona non permitiu que a investigación puidese prosperar moito máis.

Comentarios