Noriega condena as pintadas da Catedral e apela a responsabilidade cidadá

Noriega condena as pintadas da Catedral e apela a responsabilidade cidadá
Noriega condena as pintadas da Catedral e apela a responsabilidade cidadá

Expertos en conservación do patrimonio analizáronas a primeira hora da mañá para determinar cal é o método máis acaído para a súa limpeza

O alcalde expresou "a máis firme condena" ante as pintadas aparecidas onte no contorno da Catedral de Santiago. Martiño Noriega lembrou que "nunha cidade que é Patrimonio Mundial da Humanidade, calquera reivindicación ten que respectar o patrimonio de todas e todos".

O alcalde explicou que "dende primeira hora da mañá, o Goberno local púxose en contacto co responsable da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, para poñer á súa disposición os medios do Concello e para condenar estes actos". Martiño Noriega insistiu na necesidade de "lanzar unha mensaxe unánime de contundencia para apelar á responsabilidade, porque cando se atenta contra bens coma a Catedral aténtase contra o conxunto da cidadanía"

Onte amanaceu a cidade cunha nova agresión ao patrimonio. Esta vez tratouse de pintadas con tintes feministas na contorna da Catedral. Expertos en conservación do patrimonio analizáronas a primeira hora da mañá para determinar cal é o método máis acaído para a súa limpeza. Pola súa parte, a Policía ten aberta unha investigación para aclarar o acontecido.

"Yo no salí de tu costilla, tú saliste de mi coño!" é a mensaxe que se traslada nunha das pintadas que apareceron hoxe, ésta nas escaleiras da Catedral de Santiago, na praza do Obradoiro. Outras das pintadas están localizadas na zona do arco que vai dar á rúa Acibechería, nas que se pode ler "machitos" ou "no nos pararán".

Comentarios
Lo más