Traballadores do supermercado DIA mobilízanse hoxe contra o ERE

Traballadores do supermercado DIA mobilízanse hoxe contra o ERE
Traballadores do supermercado DIA mobilízanse hoxe contra o ERE

Amais de rexeitar esta regulación de emprego, CCOO quere pór en valor a importancia de manter un cadro de persoal estable

As traballadoras e os traballadores do Grupo DIA están chamados hoxe mércores, día 13 de marzo, a mobilizarse en Santiago de Compostela contra o expediente de regulación de emprego (ERE) na distribuidora de alimentación. A Federación de Servizos de CCOO convoca unha concentración ás 12:00 horas fronte á tenda que o grupo ten na avenida da Mestra Victoria Míguez, n.º 45, no barrio compostelán de Vidán.

Amais de rexeitar esta regulación de emprego, CCOO quere pór en valor a importancia de manter un cadro de persoal estable, suficiente e cualificado para mellorar a calidade do servizo nas distintas tendas do grupo.

Para CCOO, o expediente anunciado «non ten razón de ser», e critica que o actual enfrontamento no seo do accionariado —que se resolverá a semana que vén nunha xunta de accionistas— xerou un «escenario de total incerteza» no que non ten sentido presentar un ERE.

Comentarios
Lo más